jueves 11 de marzo de 2010

Reciclamos

Hoxe: pasta de papel.
Como estamos moi concienciados do perigo que está a causar no medio ambiente a tala indiscriminada de árbores, hoxe comezamos un proxecto de reciclaxe de papel na escola.
Primeiro partimos papel usado en anacos pequeniños. Despois puxémolo nun cazo cheo de auga. Batímolo coa batidora, e por último vertémolo nun molde feito de madeira e malla para que escurra a auga sobrante.
Agora está a secar ao sol, a ver cantos días tarda en formarse o papel. Xa vos poñeremos unha foto!