lunes 8 de marzo de 2010

Mural de Klimt

Así vai quedando o mural que estamos a facer sobre Klimt e outros pintores da mesma época.
Estamos entusiasmados con este traballo, bucenado na internet, aprendendo xeografía, técnicas de pintura, iniciándonos no que é a Historia... Pero o que máis nos custa é organizarnos en grupos e repartirnos as tarefas. Seguro que desta forma aprenderemos a colaborar uns cos outros sen pelexar nin enfadarnos.